Vilagarcía apoiou a creación de 18 novos negocios cunha achega de 48.000 euros
Por Redacción
A Concellería de Promoción Económica de Vilagarcía destinou 48.000 euros para a posta en marcha no municipio de 18 novos negocios de diferentes tipos de sectores. Con esta iniciativa, o Concello busca enriquecer o tecido económico produtivo da cidade e crear emprego.
Entre as actividades subvencionadas atópase un taller de fabricación de mobles, unha empresa de construción e reparacións e unha carpintería de aluminio, mentres que no marco do sector comercial hai un establecemento de venta de aparellos eléctricos, un de prendas de vestir, outro de roupa de segunda man e unha ferretería e venta de artigos de enxoval.
Tamén hai bares, unha academia de ensino e outra musical, unha óptica-podoloxía, e unha clínica nutricionista.
A maior parte destas iniciativas subvencionadas obtiveron a axuda máxima de 2.500 euros.
Estas axudas municipais para crear empresas concédense para contribuír a cubrir custes iniciais para a posta en marcha dun negocio, como poden ser os relativos aos trámites de constitución da empresa, asesoría, obras de acondicionamento do local, aluguer, adquisición de existencias iniciais de mercadorías, así como gastos correntes como auga, luz ou teléfono.