Aos rapaces pontevedreses sóbranlles quilos: 1 de cada 10 sofre obesidade e un terzo ten exceso de peso
Por Redacción
Un de cada tres rapaces galegos (de entre 2 e 17 anos) ten exceso de peso. Os nenos (cun 34,3%) sofren máis sobrepeso e obesidade que as nenas (21,9%).
Estes son algúns dos datos que revelan dous artigos científicos e dous informes complementarios do Centro Nacional de Epidemioloxía (Instituto de Saúde Carlos III) e da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, que mostran a prevalencia da obesidade en España por sexo, idade, localización xeográfica e variables socioeconómicas.
En poboación infantil, un terzo dos nenos, nenas e adolescentes en España ten exceso de peso. A provincia de Pontevedra está lixeiramente por encima da media, co 20,4 %.
En España uno de cada dez menores presenta obesidade, Pontevedra tamén sobe a media nacional cun 15,2 %.
En persoas adultas, un 55,8% da poboación residente en España presenta exceso de peso, en Pontevedra a porcentaxe é do 38,4%.
En canto á obesidade en adultos, Pontevedra cun 22,2% tamén se sitúa por encima da media nacional que é dun 18,7% de obesidade.
En termos xerais, os resultados da investigación sinalan que, tanto en poboación infantil como adulta, o exceso de peso e a obesidade son maiores entre homes.
Tamén mostran que un menor nivel educativo, un menor nivel de renda, a discapacidade e a presenza no fogar de persoas con obesidade son factores relacionados cunha maior prevalencia de exceso de peso e obesidade.