Tony Lomba repasa clásicos musicais no Mercado ao berro dos fans: "Tony, a Eurovisión"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Ao redor de duascentas persoas déronse cita este mércores no primeiro piso do Mercado de Abastos para asistir ao concerto de Tony Lomba.
O showman vigués ofreceu un recital cheo de clásicos da música lixeira española con repaso de cancións de intérpretes que ían desde Miguel Bosé a José Luis Perales mentres o público coreaba "Tony, a Eurovisión".
Esta actuación realizábase dentro da programación do Concello de Pontevedra denominada Nadal do Mercado, que continuará ata o domingo 31 de decembro con concertos, obradoiros infantís e un mercadillo emerxente de produtos creativos.
Tamén nesta xornada celebrábase unha cata de viños e maridaxe nas mesmas instalacións durante a tarde.
Este xoves 28 está prevista unha cata de cervexas artesanais con maridaxe a partir das 18.00 horas no mesmo espazo. A continuación, ás 20.30 horas, comezará o concerto de Flip Corale.
O venres celebrarase unha sesión de contacontos con O Paroleiro, ás 18.00 horas, e despois chegase o concerto de V de Maceta.
O sábado 30, a cita iniciarase cun concerto micro aberto ás 13.00 horas con Black Hole. Pola tarde desenvolverase o espectáculo de Rudi dudi Clownamorado e o concerto de Su Garrido.
Xa o domingo 31 pecharanse as actividades deste ciclo co taller infantil 'Fai o teu propio cotillón', que dará paso á festa Fin de Ano infantil ás 13.00 horas, que finalizará coas Badaladas ás 14.00 horas para todo o público asistente.
Relacionadas:
-
Polbo xigante á venda no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Fin de semana de actividades intensas antes de Aninovo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Alcaldes e alcaldesas felicitan as festas e o novo ano aos seus veciños
Por Alejandro Espiño |
-
Nadal Xogos e a carpa de xogos da Alameda entran en escena na programación festiva da Boa Vila
Por Redacción |
-
O Nadal volve "poñer o foco" no mercado, con música, un mercado creativo e badaladas adiantadas
Por Natalia Puga |
-
Apalpador, panxoliñas, xogos e moita artesanía na primeira fin de semana de actividades de Nadal
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Apertura do prazo para solicitar un posto no Mercadiño de Nadal no primeiro andar do Mercado de Abastos
Por Redacción |