2024 chega co novo álbum da Factoría de Subsistencia, a banda do actor arousán Josito Porto
Por Anxo Lourido
''Respirando... sempre!' é o título do terceiro disco na carreira do grupo Factoría de Subsistencia, que será presentado o 13 de xaneiro na Casa das Crechas en Santiago de Compostela e, cun concerto especial, o 20 de xaneiro no estudo de Vilagarcía de Arousa onde se gravaron os nove temas deste álbum.
Factoría de Subsistencia é a banda liderada polo coñecido actor arousán Josito Porto e nesta ocasión ofrécese un binomio musical formado por Sabela Dacal, ao acordeón, teclados e coros; e o propio Josito Porto, que toca a guitarra e canta. A eles súmanse o baixista Rafa Otero e Adrián Ríos á batería.
O disco gravábase en Estudo Aldeaglobal de Vilagarcía baixo o control de Pablo #Vidal, que ofreceu a súa visión máis rockeira aos temas, que foron presentados quincenalmente desde outubro e que agora sairán todos á luz o 1 de xaneiro de 2024.
Tamén se coidou o proceso gráfico relacionado con este traballo, que conta coa colaboración de Yeya Gilino.