Unha antiga cidade Maia da selva mexicana centra unha charla do Ateneo sobre arqueoloxía
Por Anxo Lourido
'Estudos en Oxpemul, unha antiga cidade Maia da selva mexicana' é o título da conferencia que ofrecerá Pablo Alberto Mumary Farto, doutor en Estudos Mesoamericanos, o luns 8 de xaneiro de 2024 a partir das 19.30 horas.
Esta charla, organizada polo Ateneo de Pontevedra, desenvolverase na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, situada na Casa das Campás.
Oxpemul, situada en Campeche, México, foi unha ciudada abandonada ao redor do ano 1.000 despois de Cristo. Foi redescuberta en 1934 durante unha exploración atopando numerosos monumentos pétreos con representacións iconográficas e rexistros xeroglíficos.
Estas ruínas representan unha corte real fortificada e presenta un total de 21 estelas ben conservadas, a maioría delas situadas de pé con imaxes de figuras humanas.
Esta conferencia será de entrada libre.