21 e 22 de xuño, as datas elixidas para o Surfing the Lerez 2024
Por Alejandro Espiño
O verán pontevedrés xa ten data de inicio. A cita festiva que tradicionalmente abre a estación máis calorosa do ano, o festival Surfing the Lérez, desvelou os días nos que celebrará a súa edición de 2024.
Será, segundo confirmaron este venres os seus organizadores, os días 21 e 22 de xuño.
A Illa das Esculturas volverá ser, un ano máis, o escenario do festival máis familiar dos que se organizan en Galicia e reunirá a miles de persoas para gozar da súa oferta musical.
O cartel do Surfing the Lérez 2024 irase coñecendo ao longo das próximas semanas, aínda que os seus responsables avanzaron que este ano será "máis indie" que en anos anteriores.
En 2023, actuaron no festival artistas e bandas da talla de Shego, The Rapants, Dakidarría, Lontreira, Pablo Lesuit, Igloo, Boyanka Kostova, Malandrómeda ou Escuchando Elefantes.
Relacionadas:
-
The Rapants e Javier Lago, primeiros artistas para o Surfing the Lerez 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Cambio de datas no Surfing the Lérez: adiántase unha semana, aos días 14 e 15 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Calor, música e bo ambiente para poñer o broche ao Surfing The Lérez coa súa xornada máis familiar
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Comezan tres días de música e 'Surfing' na Illa das Esculturas
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Trinta e sete concertos para un Surfing the Lérez que regresa a Pontevedra con aires renovados
Por Alejandro Espiño |