The Rapants e Javier Lago, primeiros artistas para o Surfing the Lerez 2024
Por Alejandro Espiño
Aos poucos imos coñecendo os nomes das bandas e artistas que integrarán o cartel do Surfing the Lérez 2024, que se celebrará na Illa das Esculturas de Pontevedra. Nesta ocasión, será durante os días 14 e 15 de xuño.
The Rapants será un dos grandes atractivos do festival pontevedrés. Actuarán no escenario principal na sesión vermú do sábado 15 de xuño, segundo confirman desde o festival.
Farano para presentar o seu novo proxecto, La máquina del buen rollo o seu terceiro disco, co que volverán exhibir toda a súa enerxía, sorprendendo ao público co seu directo.
Xunto a The Rapants, os organizadores do Surfing the Lérez avanzaron que o pontevedrés Javier Lago dará outro dos concertos da súa programación musical para este ano.
Lago subirá ao escenario do festival para presentar en directo os temas que integran o seu primeiro disco, Perdón por las molestias, que lanzou o pasado mes de xaneiro.
Nas próximas semanas, o Surfing the Lérez irá debullando máis detalles do seu cartel para a súa edición de 2024, coa que Pontevedra volverá dar a benvida ás Festas de Verán.
Relacionadas:
-
O CEIP de Ardán conquista ao público cantando coas mans... e con Javi Lago
Por Redacción |
-
Grande Amore, Ortiga ou Joe Crepúsculo estarán nun Surfing the Lérez que regresa ás súas orixes
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Atención Tsunami e Los Marcianos reforzan a oferta musical do Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
Niños Mutantes non perderán o Surfing the Lérez na súa xira de despedida
Por Alejandro Espiño |
-
O Surfing the Lérez incorpora a Juno e Lady Banana ao seu cartel
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- 'Os dez lanzamentos' veñen esta semana con novidades de Anxo Araújo e Lontreira
Por Redacción |
-
Emotivo concerto de Javier Lago para presentar o seu primeiro álbum
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Javier Lago: "Pode que sacar un disco sexa nadar a contracorrente, pero segue a ser un paso en firme"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Cambio de datas no Surfing the Lérez: adiántase unha semana, aos días 14 e 15 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
21 e 22 de xuño, as datas elixidas para o Surfing the Lerez 2024
Por Alejandro Espiño |