Primeiras imaxes de 'Los Enviados', a serie que Miguel Ángel Silvestre rodou en Pontevedra
Por Redacción
Desde este luns xa se pode ver o tráiler da segunda tempada de 'Los Enviados', unha serie dirixida por Juan José Campanella, que exerce de produtor, director e showrunner desta produción de PTIS e Portocabo para SkyShowtime Orixinal.
A plataforma estreará catro episodios o venres 26 de xaneiro e os outros catro o 15 de marzo.
Miguel Ángel Silvestre, quen acudía durante a gravación ao ximnasio de Campolongo; Luis Gerardo Méndez e Assira Abbate encabezan o elenco actoral no que tamén figuran intérpretes coñecidos como Marta Etura, Pepón Nieto ou Francis Lorenzo, entre outros.
A segunda tempada foi rodada no Concello de Pontevedra e tamén noutros puntos de Galicia como A Guarda, Nigrán, Forcarei, Tui, Oia e Santiago de Compostela.
Os novos episodios ofrecen a historia dos sacerdotes Pedro Salinas e Simón Antequera, interpretados por Luis Gerardo Méndez e Miguel Ángel Silvestre, no pequeno pobo pesqueiro de Porto da Lúa onde viaxan coa intención de comprobar a veracidade dun novo milagre tras a revelación dunha monxa cega da presenza nun pobo de Canadá dunha nena española desaparecida hai 18 anos.
A primeira tempada de 'Los Enviados' gañou o Ouro a Mellor Drama e a Prata a Mellor Guión nos New York Festivals TV & Film Awards.