Migallas Teatro promove a comunicación interpersoal no videoclip 'Os xogos'
Por Anxo Lourido
A compañía teatral pontevedresa Migallas publicou nas redes o vídeoclip 'Os xogos', da canción homónima. Trátase dun tema que pertence ao libro-CD-DVD 'Canta connosco!', coeditado pola editorial Kalandraka e por Migallas Teatro.
Nesta canción deféndese o diálogo, a comunicación interpersoal e a actividade física ao aire libre fronte ao uso de teléfonos móbiles, tema de actualidade pola restrición do seu uso en centros de ensino.
Migallas Teatro, a agrupación que lideran María Campos e Carlos Yus, defenden o uso de xogos tradicionais como a buxaina, os carriños de madeira ou os papaventos.
TALLERES DE ARTEXOGA
Ademais, a compañía iniciou os obradoiros creativos ARTEXOGA destinados a menores con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos. Desenvólvense no Pazo da Cultura de Pontevedra e neles foméntanse os xogos tradicionais.
Para estas actividades, que se realizan a través de catorce sesións de hora e media entre xaneiro e abril, aínda quedan prazas libres.
O prezo da matrícula é de 50 euros por todo o taller, co material incluído.
Para apuntarse é necesario enviar un correo electrónico a migallas@migallas.gal no que conste o nome e apelidos do participante con interese na actividade, a idade e un teléfono de contacto.
Relacionadas:
-
Programadas en Pontevedra seis destacadas obras nunha nova edición de PonTeatro
Por Oskar Viéitez |
-
Últimos días para apuntarse en Artexoga, obradoiros infantís de Migallas Teatro
Por Anxo Lourido |
-
A escola de artes e xogos de Migallas en Monte Porreiro inicia un novo curso
Por Oskar Viéitez |
-
Migallas impulsa Artexoga, unha escola de artes e xogos en Monte Porreiro
Por Redacción |