Concerto por triplicado do músico Abraham Cupeiro en Soutomaior
Por Redacción
Abraham Cupeiro é un músico coñecido por resucitar nos seus concertos instrumentos milenarios, unha arte da que deixou pegada este venres no Concello de Soutomaior, e por partida tripla.
Pola mañá o músico estivo no CEIP Manuel Padín Truiteiro e no IES Soutomaior, e xa pola tarde, ofreceu o seu directo na Igrexa de San Salvador.
Cupeiro chegou a Soutomaior con dous dos seus proxectos. Pola mañá estivo ás 11.00 horas no CEIP Manuel Padín Truiteiro coas alumnas e alumnos de 3º, 4º,5º e 6º de primaria e ás 13.00 horas repetiu cos mozos de 3º da ESO do IES Soutomaior co seu espectáculo 'Resonando en el pasado', unha viaxe pola historia, cultura, pola arte e por instrumentos milenarios como o 'tataravó' dun acordeón chegado desde China
Xa pola tarde, ás 19.00 horas, na Igrexa de San Salvador de Soutomaior, o músico ofreceu de balde o directo do seu proxecto 'Los sonidos olvidados', unha cita na que estivo acompañado por Sabela Caamaño ao acordeón, de Margarita Marino no violoncelo, e que contou coa colaboración especial do cantante de música tradicional galega Davide Salvado.
Un concerto do que gozaron as persoas que encheron por completo o aforo da igrexa.