O grupo Marvelpop presenta 'El planeta imaginario (Vol. I)', o seu primeiro EP
Por Anxo Lourido
'Planeta Imaginario (Vol. I) ', o primeiro EP do grupo pontevedrés Marvelpop xa está na rúa dende o 18 de febreiro. Trátase dun traballo ambicioso, con temas cantados en castelán pero marcados polo brit-pop. Antón Cruces, colaborador de PontevedraViva, é o guitarrista e a voz deste grupo formado por Alberto Cid á batería; David Gándara "Kapas" ao baixo e Ángel Vejo Gamero aos teclados. Cruzamentos cóntanos como foi o lanzamento deste disco.
Marvelpop existe dende 2009 e ofrecestes concertos en todos os locais de Pontevedra. Agora lanzades un disco, sempre tiñades en mente este obxectivo?
Si. Tardou moito en chegar, pero á fin está aquí. E si, supoño que entre os obxectivos de calquera grupo que escriba cancións está gravalas e mostralas ao seu público. Aínda que o obxectivo principal do grupo é perdurar, que pasen os anos e seguir na brecha.
Que é o que se van encontrar os vosos seguidores? A que soa Marvelpop?
A Marvelpop. Temos influencias como todos, pero procuramos buscar a nosa personalidade. Pasamos bastante das modas, pero gústannos as tendecias. O malo do "moderno" é que pasa rápido.
Como se pode adquirir o EP?
O EP está á venda dende o 18 de febreiro en HiperFroiz e La Tortillita ou a través da nosa páxina de Facebook. O formato online tamén se encontra dispoñible nas principais plataformas online: PlayStore, Itunes, Spotify, Amazon, etc...
Onde está gravado?
Gravámolo en Savik Sound, o estudo que José Trincado "Triqui" ten en Ponte Caldelas. Non hai que saír da provincia para encontrar xente de primeiro nivel coa que traballar. Estamos a falar dun dos grandes produtores e técnicos de Galicia co que, por carámbolas do destino, acabamos traballando xuntos. O resultado non podería ser mellor. Leva toda a vida na música e traballou con artistas do talento de Budiño, Milladoiro, La fura dels Baus ou Marful. Sen a súa paciencia e o seu curro este disco non existiría.
Levabades varios meses traballando neste álbum, por que resultou un proceso tan longo?
Ningún de nós nos dedicamos exclusivamente á música e sacamos o tempo de onde podemos. Ademais, queriamos mimar cada canción e darlle o que necesitaba, sen présas. Somos libres, non temos prazo de entrega. Cando as cousas están ben ou non se poden mellorar rematouse o traballo.
Por que gravades un EP, con só cinco temas, cando contades con outros que van quedar fóra do disco?
Moitos grupos estanse a apuntar dende hai tempo a este formato. Nos tempos que corren é un acerto apostar por un EP, polo menos para as pequenas bandas. ÿ unha forma de darse a coñecer, de traballar mellor os temas, de estar no candeeiro, só véxolle vantaxes... é un tema puramente práctico.
Como financiades este traballo? Obtéñense beneficios despois de tanto esforzo?
Todo o que gañamos co grupo se reinverte de novo para non ter que poñer do noso peto, pero se hai que poñer ponse. O que fai surf ten que comprar material, desprazarse á praia, investir en tempo, adestrar... isto é o mesmo, que teña un "hobby" (aínda que llo tomei en serio) sabe que vai ter uns gastos X. Todo o que veña... adiante, pero iso non nos quita o sono. O que si que é unha puta vergoña é que os grupos pequenos, aqueles que as pasamos canutas para crear, gravar, etc... teñamos que pagar o 21% de IVE a estes preeiros. A miña arcada máis grande vai dedicada a eles.
No álbum tamén colaboran outros músicos. Como foi a experiencia?
Traballar con músicos alleos a Marvelpop sempre osixena. ÿ unha das mellores experiencias á hora de gravar. Neste disco contamos coa colaboración de dous musicazos como son a pontevedresa Laura Solla (Laura Rock&Roll) que é unha das grandes guitarristas da cidade. E o que lle queda. Coñézoa dende que era unha nena, vina crecer e mellorar, vai ser unha das grandes. Outra colaboración foi a do saxo da banda tributo a Dire Straits (Brothers in Band), que participa en dous dos temas. Ter a un fenómeno do talle de José García ao lado dá seguridade.
Malia que o publicades fisicamente, a vosa aposta vai pola distribución e comercialización dixital a través de Internet, por que?
O soporte (calquera) ten os días contados. Será, por desgracia, cousa de coleccionistas. Hoxe por hoxe un rapaz leva, como dicía o anuncio, miles de cancións no peto; apróbaas ou descártaas en cuestión de segundos. A distribución dixital, as plataformas tipo Bandcamp ou Soundcloud son o presente e unha grande arma de promoción para os grupos aínda que en contrapartida hai mil millóns de grupos e é case imposible destacar.
"Queriamos mimar cada canción e darlle o que necesitaba, sen présas. Somos libres, non temos prazo de entrega"
Resulta complicado editar un traballo nestes momentos ou é máis sinxelo que hai uns anos cando había menos alternativas e menos estudos de gravación?
Agora todo é máis accesible. Hai discos que se gravan xa dende o salón de casa, cunha calidade máis que notable, pero a contrapartida é que parece que todo o mundo é capaz de facer cancións apertando botóns, pero o bo da música é que é libre e que cada un se expresa como lle vinga en gana, pero non creo que antes fose doado, para nada. Simplemente é distinto.
Como vos definides como banda? Cales son as vosas referencias?
Non nos definimos, para iso está o público. ÿ música e punto; sen apelidos, que cada un a englobe no caixón que máis lle conveña. As nosas referencias son anglosaxonas, pero á hora de escribir as letras impera o castelán.
Kamikazes, El astronauta y la bailarina, Cowboys y fantasmas, Ave Fénix y Mi pequeña guerra mundial. Son os títulos que irán incluídos neste traballo, títulos cun ton guerrilleiro e apocalíptico, de onde xorden as letras das vosas cancións? Cres que a ironía de Antón Cruces queda reflectida nos temas?
Son contos, relatos, que intentan transmitir unha imaxe, unha historia. Si que parecen guerrilleiras, e pode que o sexan. Se pode escribir de amor dende a rabia e ao revés. Neste EP temos a parte irónica no western que narra Cowboy e fantasmas; tamén hai unha historia de amor no espazo en El astronauta y la bailarina ou un comportamento suicida en Kamikazes. Cada canción é unha pequena película e se o que a escoita logra visualizala é que acertamos.
"O que máis nos gustaría é que, pouco a pouco, a xente nos fose descubrindo"
Que esperades do disco? Maior difusión do voso traballo, que vos saian máis "bolos"...?
Soltar lastre. Ensinar as nosas cancións, tirar para adiante e evolucionar. O que máis nos gustaría é que, pouco a pouco, a xente nos fose descubrindo. A difusión e os "bolos" benvidos sexan por suposto, pero se non os houbese imos seguir mentres aguantemos co noso. Nós xa estamos a esbozar a segunda parte do Planeta Imaginario, comezaremos xa a gravala. E ese disco abrirá unha porta outro sitio, aínda non sabemos a cal.
Que dificultades se encontra un grupo como Marvelpop para poder chegar a unha maior cantidade de público?
As mesmas que calquera outro grupo local. Hai moita masificación, miles de grupos, millóns de cancións. ÿ complicado asomar a cabeza e dicir "aquí estou", pero non nos enganemos, nunca foi doado nin agora nin antes.
Pontevedra é unha cidade bastante activa en canto a nacemento de grupos pero poucos acaban tendo continuidade, por que cres que sucede isto?
ÿ moi raro o grupo que non se acaba separando. ÿ parte do xogo. A música se a tomas a coña non duras e se te a tomas moi en serio tampouco, hai que conseguir o punto medio, que todos os compoñentes queiran o mesmo e que haxa un rumbo común, un compromiso. Cantas parellas rompen ao ano? Cantas duran máis de 30 anos? Moi poucas, pois cos grupos pasa exactamente o mesmo. Hai dúas frases moi boas que definen o que é a música. Unha é dun profesor, non recordo o nome, dicía que a música é a arte de combinar os horarios. E é verdade! Algo tan trivial como iso pode rematar cun grupo, pero a verdadeira resposta a lin o outro día, tampouco lembro quen era, pero plasmou a verdade: "Os grupos sepáranse porque os seus compoñentes rematan ata os collóns uns doutros" E xa está. Non hai máis secreto.
Polo momento, en Marvelpop reina o bo ambiente. Os seus catro compoñentes agardan que os seus temas poidan difundirse e chegar ao maior número de público posible, con ese obxectivo mostran algúns dos seus traballos nestas páxinas:
http://marvelpop.bandcamp.com/track/kamikazes-2013
https://www.facebook.com/marvelpopgalicia