O Ateneo Santa Cecilia engade dúas actividades ao entroido marinense
Por Redacción
O entroido marinense engade á súa axenda as dúas propostas que o Ateneo Santa Cecilia organizou con motivo destas datas festivas. Trátase dunha exposición fotográfica que estará aberta ao público entre o 6 e o 14 de febreiro e unha conferencia tamén para o 6 deste mes.
A exposición 'Viaxe polo mundo da máscara' corresponde á fotógrafa, escritora, etnógrafa e documentalista Mercedes Vázquez Saavedra. Natural de Sarria, é unha apaixonada das culturas rurais e das máscaras. Tanto en Galicia, norte de Portugal e as provincias castelás limítrofes con esta Comunidade, os seus traballos de documentación e conservación de entroidos e as súas máscaras, son recoñecidos.
A mostra, ademais de contar coas súas fotografías tamén incluirá algunhas máscaras de entroido.
Poderase visitar en dous emprazamentos, na sede do Ateneo e o Museo Manuel Torres. A inauguración será o día 6 ás 19.30 horas no Museo e media hora despois comezará unha conferencia a cargo do etnógrafo José Rodríguez Cruz quen falará sobre os entroidos arraianos. A entrada é gratuíta.
Relacionadas:
-
O Entroido de Marín tamén regatea á choiva para gozar do seu desfile
Por Diego Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Xornada de diversión infantil no entroido de Marín
Por Diego Espiño |
-
Recala en Marín o I Certame de Curtas impulsado polo Museo do Mar
Por Redacción |
-
11.000 euros en premios no desfile de adultos do Entroido de Marín
Por Redacción |
-
"Cor, diversión, arte e troula" no programa do Entroido de Marín
Por Redacción |