Andrea Fernández debuxa o cartel do XXV Salón do Libro, que estará adicado á maxia
Por Oskar Viéitez
Andrea Fernández é a autora do cartel do XXV Salón do Libro, que nesta ocasión estará adicado á maxia.
O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, explicou que esta artista de A Illa de Arousa foi seleccionada entre 42 ilustradores galegos ou afincados en Galicia que achegaron os seus portfolios.
Andrea Fernández forma parte dende hai tempo da familia do Salón, impartindo talleres de cianotipia ou serifrafía.
Segundo explicou, "quixen que o cartaz fora unha páxina aberta, un convite á imaxinación, un conto onde andan soltas diferentes personaxes".
Como Cataluña é a rexión convidada este ano, a autora quixo meter a rosa e o dragón, un tronco animado que lembra ao Tió e ao Patufet, unha personaxe da literatura infantil catalana moi emblemática "que é ese gorriño onde se esconde esa figura tan pequena".
Ademais, tamén aparecen elementos de celebración polo 25 aniversario, como o globo e as grilandas.
"Hai moitas referencias a mitoloxía e á tradición galega, "entre elas a noite, as bruxas non como bruxas malas senón como esas avoas cheas de coñececementos, lobas que son mulleres, a naturaleza e os elementos paganos dos rituais coma o lume ou paxaros-libros que levan e traen novas e un libro columpio".
A iso sumou o bosque "como escenario onde crece a imaxinación e a curiosidade", así como unha figura que aparece nas lendas "os fillos das xacias, metade humano metade peixe que non podía faltar, con escamas nas pernas que son coma ondas e simbolizan o mar", situado ao carón do selo do 25 aniversario, en cor prata como as escamas".
Andrea empregou texturas feitas a man con ceras, tinta china, lápiz, xogo coa cor, collage e mesturado con técnicas dixitais. "Ilustrei estas proposta cos ollos dunha muller que todavía se sinte nena. Xoguei eu tamén e fixen as miñas maxias. Agardo que vos gusten", resumiu.