Tanxugueiras, La Pegatina, Fillas de Cassandra, Dubioza Kolektiv e Talco actuarán no Revenidas 2024
Por Alejandro Espiño
Tanxugueiras, La Pegatina, Fillas de Cassandra ou a banda italiana Talco actuarán no festival Revenidas 2024, que se celebrará en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) entre os días 12 e 15 de setembro, segundo anunciaron este xoves os seus organizadores.
Este primeiro avance do seu cartel reflicte, segundo o festival, que se manteñen "fieis á nosa esencia e aos nosos sinais de identidade", apostando pola música galega, artistas doutras linguas nacionais e internacionais e pola paridade de xénero.
"Volvemos tan Revenidas como sempre", presume a organización do festival, que nos últimos anos converteuse nun evento de referencia no circuíto estatal deste tipo de eventos.
Así, os grupos galegos Lontreira e Loita Armada tamén subirán ao escenario do Revenidas, xunto coas bandas catalás Serial Killerz e Balkan Paradise Orchestra, os vascos ETS (En Tol Sarmiento) ou o sevillanos Narco.
A vertente internacional do festival contará coa actuación dos bosníacos Dubioza Kolektiv.
Os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na web do festival a un prezo de 59 euros máis gastos de xestión.
As persoas que compren o abono poderán reservar tamén o acceso á zona de acampada, que custará dez euros adicionais.
Relacionadas:
-
O dúo Bala faise un oco entre os nomeamentos aos Premios da Música Independente
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- 'Os dez lanzamentos' veñen esta semana con novidades de Anxo Araújo e Lontreira
Por Redacción |
-
Revenidas anuncia as súas datas para 2024: do 12 ao 15 de setembro, en Vilaxoán
Por Alejandro Espiño |
-
A organización cuantifica en 1,8 millóns de euros o impacto económico do festival Revenidas
Por Oskar Viéitez |