Café Quijano repasa en Pontevedra os grandes éxitos de 25 anos de carreira
Por Redacción & Cristina Saiz
Pop rock e bolero déronse a man este sábado en Pontevedra. Foi a través dun dos grupos máis recoñecidos da música española, Café Quijano.
O seu Manhattan Tour 2024 fixo parada no auditorio de Afundación, cun patio de butacas repleto de fans da banda, que volveu sorprender ao público co seu directo.
Coas entradas esgotadas para este concerto, a banda dos irmáns Quijano repasou os temas incluídos no seu último disco de estudo, Manhattan, editado hai dous anos, sen esquecer os grandes éxitos que cultivaron nos seus 25 anos de carreira musical.
A de Café Quijano será unha dobre cita co público pontevedrés, xa que volverán actuar este domingo, a partir das sete da tarde, no auditorio de Afundación.