Homenaxe ás figuras poéticas de Marín polo Día da Poesía
Por Redacción
A conmemoración do Día da Poesía tivo este venres o seu momento central en Marín coa actividade musical e poética 'Poesía es ti' organizada polo Club de Opinión Portocelo ás 20.00 horas na Biblioteca.
Plantexado como unha homenaxe ás figuras poéticas de Marín, o acto comezou coa conferencia da xornalista, escritora, poeta e narradora marinense Lara Dopazo Ruibal, autora de obras como Dende a Illa Peixe, pola que recibiu o GX Crea 2008; Claus e o Alacrán, premiada co Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño e O axolote e outros contos de bestas e auga, Premio Illa Nova de Narrativa 2020.
A noite continuou cun recital poético con versos de poetas marinenses falecidos que seguen perdurando na memoria colectiva como Josefa Area, Luís Almazán, Manoel Cambeiro, Ángel Estévez, Víctor Castro, Marisa Pintos, Urbano R. Moledo e Francisco Morales.
O concerto 'Un canto á poesía', a cargo do Coro de Cámara Thalassa, pechou o acto.