Pontevedra abre a xira galega do espectáculo '1888. Señorita Xulia'
Por Anxo Lourido
En 1888 o autor suecto August Strindberg estreaba un texto teatral polémico no que se ofrecía unha loita de poder nunha relación entre a filla e o criado dun conde.
Estudo Momento recolleu o texto para presentar o espectáculo que agora inicia unha xira en Galicia baixo o título '1888. Señorita Xulia', interpretada por Iria Ares e Xoan C. Mejuto.
O Auditorio de Afundación será o escenario que abra esta xira ás 20.30 horas do próximo sábado 13 de abril, despois do éxito logrado en Madrid, onde a obra se mantivo en cartel nove meses logrando un gran éxito de público e crítica chegando á sala grande do Teatro Lara.
O espectáculo narra a historia da señorita Xulia, quen decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o Conde, para organizar unha festa secreta cos criados. Durante a velada, Xulia seduce a Xoán, criado predilecto do Conde. Esa situación xera un perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor.
A versión a cargo do texto orixinal realizada por Xoán Carlos Mejuto revisa a historia e sorprende ao público neste thriller psicolóxico.
As entradas atópanse á venda en Ataquilla a un prezo mínimo de 18 euros.