'Música de sempre' resoará este domingo en Ribadumia
Por Redacción
Este domingo 14 de abril a partir das 20.00 horas, o Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá o Festival 'Música de Sempre'.
Un acto no que está previsto que máis de cen integrantes de agrupacións suban ao escenario para interpretar algunhas pezas de música tradicional e popular.
Nesta cita musical participarán un total de seis formacións: o Grupo Folk Añoranza; a Coral do Centro Sociocomunitario de Marín; a Coral Xuntanza de Meis; Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa; Coral Polifónica Municipal da Illa de Arousa; e o Coro San Sadurniño 24.
A actividade está promovida polo Concello de Ribadumia e pola Deputación de Pontevedra. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto.