Izaro clausura en Vilagarcía el ciclo Achégate ao Salón!
Por Redacción
A actual edición do programa musical Achégate ao Salón! remata este domingo 28 de abril co concerto matutino de Izaro no Salón García.
A cantautora vasca presentará en Vilagarcía o seu último disco "Cerodenero", un traballo maduro no que xoga co pop, a música de raíz e a electrónica dende unha mirada contemporánea moi respectuosa co pasado.
Malia tratarse dun concerto acústico, Izaro actuará coa súa banda ao completo para interpretar os temas en castelán e euskera deste disco e repasar algúns outros dos anteriores, onde tamén se desenvolve co inglés.
Son cancións que transmiten amor ou rabia, porque teñen intensidade e vida propia. E fano porque falan do mundo actual, da dor, da xestión da exposición pública ou a cultura do "hate", dos sentimentos de culpa que nos xera a sociedade actual como un sen sentido, ou de miradas cheas de amor, calma e luz cara ao futuro.
A actuación comeza ás 12:30 horas e as últimas entradas dispoñibles poden adquirirse anticipadamente a través de ataquilla.com ou, de non esgotarse antes, o día do concerto na propia sala.
A entrada xeral para adultos custa doce euros e a de menores de 16 anos e desempregados, cinco.