'El guardián de los Pensamientos', terror con selo pontevedrés
Por Redacción
El guardián de los Pensamientos, é unha novela curta de terror e fantasía, escrita polo pontevedrés Guillermo Cerviño Porto.
Nas súas 42,713 palabras o autor describe unha historia totalmente orixinal e por veces abstracta, ambientada en gran parte nun Londres de finais do século XIX e principios dos XX. Aínda que Cerviño Porto recoñece ser "tan só un aficcionado", non obstante introduce o lector con grande acerto na realidade histórica daquela época mesturada con habilidade con outros feitos fictificios.
O autor recoñece unha marcada influencia doutras como Las puertas de Anubis de Tim Powers, e El Sueño de Fevre de RR Martin.
O seu estilo "gótico" está salpicado de humor negro, "por veces mesmo satírico", e segundo algúns lectores "angustioso e cruel ao estilo Poe". As súas inspiracións: O propio Poe, Lovecraft, Dostoievski, Powers e Stephen King.
Guillermo Cerviño asegura que a súa meta "sería chegar ao maior numero de persoas e conseguir coas miñas palabras e historias agradalas e facelas pasar un intre entretido". "Se que son un peixe no medio dun banco xigantesco, pero o simple feito de conseguir a calidade mínima aceptable para que a obra sexa digna de lectura, sería para min un logro conseguido", afirma.
Este autor pontevedrés conseguiu publicar grazas á plataforma CreateSpace.com que facilita as ferramentas necesarias e prové dun código ISBN de publicacion totalmente gratuíto "de auto publicación, o cal ten as súas desvantaxes, pero indubidablemente é mellor que nada". Tivo que facerse cargo da maquetacion deste así como todos os detalles necesarios para a súa distribución para que a devandita plataforma puxese, despues de pasar unha revision polos seus axentes, á venda o libro en Amazon onde está dispoñible en formato Kindle e tambien en libro de peto.