A Feira do Libro Galego volve en maio a Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Entre os días 6 e 11 de maio Pontevedra acollerá unha nova edición da Feira do Libro Galego, segundo anunciou este martes o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, que destacou que o seu departamento incrementará este ano nun 11% o presuposto destinado a estes eventos, máis que o ano pasado cando se celebraron máis de 360 actividades nas feiras do libro e acolleron 310.000 visitantes.
A presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Piar Rodríguez, explicou que o reto da edición actual será incorporar a tecnoloxía á hora de facer actividades "máis atractivas" e engadir "necesidades" da xente nova ás actividades, para "dinamizar estes espazos" das feiras, ademais de promover a "especialización" para evitar que exista unha repetición moi grande entre os diferentes postos.