O Conservatorio de Vilagarcía presume de canteira de piano
Por Aitana Vidal
Os actos que se veñen celebrando ao longo de toda a semana para conmemorar o décimo aniversario do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía amosaron durante a tarde deste martes que o departamento de Piano ten unha boa canteira.
Un total de 23 alumnos dos graos medio e profesional desta especialidade actuaron nun concerto extraordinario no Auditorio Municipal interpretando pezas de compositores como Debussy, Beethoven, Haydn, Dvorak, Chopin, Suk ou Mozart.
O concerto, que foi de balde, abriu coa actuación das sete alumnas de piano do grao elemental Paula Agra, Lara Vidal, Eugenia Fernández, Virginia Serantes, Uxía Paz, Alejandra Agra e Marta Quintáns. Cada unha delas interpretou unha peza en solitario.
O único dúo de piano que houbo no concerto foi o composto por Alba Rodríguez e Laura Chaves, alumnas do grao profesional que interpretaron a Habanera de M. Moszkowski. Os outros 14 alumnos do grao profesional fixeron interpretacións en solitario: Pablo Costa, Chantal Rodríguez, Tífani Barcala, Tatiana Meis, Alba Viñas, sara Diz, Laura Chaves, Alba Rodríguez, Penélope Cervelo, Irene García, Andrea Obenza, Isabel Couceiro, José Manuel Ruán e Maritza Ruán.
O programa do décimo aniversario do Conservatorio abriu o luns coa Masterclass da vilonista de Crimea Diana Tischenko e continúa este mércores cun concerto de música de cámara da man do trío 'Cassadó'. Será ás 20.00 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde.