Surfing The Lérez completa o cartel da súa cuarta edición
Por Redacción
A Concellaría de Festas presentou este luns o Surfing The Lérez Festival 2014 que se celebrará o 14 de xuño na Illa das Esculturas. O Concello conta coa participación da Sala Karma e tamén da Comunidade de Montes de Lérez, nesta aposta pola diversificación dos usos dos espazos públicos.
O Surfing The Lérez chega este ano á súa cuarta edición (e a segunda que se celebra na Illa) é comezará ás 12.00 horas para rematar ás 00.00 horas.
Ata o de agora a programación ten confirmada as seguintes bandas:
- Sex Museum
- The Dustaphonics
- Novedades Carminha
- Maryland
- Las Coronas
- Gog y las hienas telepáticas
- Camarada Nimoy
- Angel Stanich
- Huge Magnet
- Furius Monkey House
- Oscar Avendaño y los profesionales
- Que Desilusión!
- Guerrera
- DJ Gramola
Durante todo o día celebraránse obradoiros así como actividades deportivas. Haberá postos de comida galega, ademais de viños galegos e cervexa artesanal. Participarán ex alumnos do Centro de Formación Profesional Carlos Oroza.
Dado que a organización non cobrará entrada, si se fará un cobro simbólico xa que pediremos aos asistentes que traian un paquete de comida non perecedeira, así como produtos para a hixiene persoal. Tamén caberá a posibilidade de sacar fotos no festival e nas actividades para subilias ao Instagram.
Surfing The Lérez tamén terá actividades previas, durante a semana do festival. Faranse charlas con músicos como ÿscar Avendaño; Paulo, guitarra de Camarada Nimoy que fará un acercamento ao Theremin, a súa historia e unha demostración de cómo se toca; ou Luís Boullosa, xornalista e escritor que presentará o seu libro El puño y la letra. Tamén haberá un concerto de Caustic Roll Dave.
A promoción de Surfing The Lérez farase por varios pobos da xeografía galega con concertos de bandas da cidade como Querido Extraño, Tractor Troy ou Gold & Colt. Estarán, ademais de en Pontevedra, Boiro, A Coruña, Vilagarcía, Vigo ou Bueu e Cangas. Todas as que participan na edición do ano pasado estarán presentes no Surfing ademais do que foi o cabeza de cartel da edición 2013, Arizona Baby.