Concurso e festival de gaitas con motivo do III Memorial Antonio Fernández en Marín
Por Redacción
Marín acolle a terceira edición do memorial Antonio Fernández, organizado pola Asociación Os Chaneiros, que celebra os corenta anos da súa creación, en colaboración coa concellaría de Cultura.
O 6 de xullo celebrarase o concurso de cuartetos tradicionais, que está previsto para as 18.00 horas no multiusos da Praza de Abastos. O resto de actividades serán o 13 de xullo na alameda de Marín coa montaxe do festival infantil tradicional, que comezará ás 17.30 horas cun recibimento das cinco agrupacións no Concello e un posterior pasacalles ata a alameda.
O festival tradicional infantil contará coa intervención das agrupacións de Marín Trompos Os Pes e Os Chaneiros, ademais de Veciños de Leira de Ordes; Penaguda-Dena de Meaño e Meiramar-Axouxere de Moaña.