A Escola de gaitas clausurou curso en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra clausurou este mércores o curso cun concerto na Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Ademais un total de 72 alumnos de gaita, 49 de pandeireta e 39 de redoblante recibiron os seus diplomas.
O director da escola, Hipólito Cabezas, e aos docentes Adrián Rivas Rodríguez, instrutor de gaita, Andrés Vilán (redobrante) e Jesús Costas (pandeireta) felicitaron os alumnos ao concluír esta etapa na súa formación.
A de Pontevedra é unha das cinco escolas de gaitas repartidas por toda a provincia, xunto coas de Lalín, Cangas, Vilanova e Vigo, nas que estudan un total de 630 alumnos.
Nelas ofrécese formación tanto a nenos como a adultos, en dous niveis para cada grupo, o de iniciación e o de perfeccionamento.
As clases son gratuítas e só é preciso aboar 25 euros en concepto de inscrición.
Relacionadas:
-
A Deputación deixa de financiar a Escola de Gaitas
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz | Creada e actualizada