'ÿrase unha vez...a fala! ' repaso á evolución humana ata o 21 de outubro na praza de España
Por Diego Espiño
A exposición da Obra Social Fundación La Caixa ÿrase unha vez...a fala! inaugurouse oficialmente este martes na carpa instalada na céntrica Praza de España de Pontevedra.
Trátase dunha mostra que "gravita sobre la evolución humana en torno al lenguaje hablado", explicou na presentación o comisario da exposición, Luis Batista.
ÿrase unha vez...a fala! permanecerá aberta ata o próximo 21 de outubro de luns a venres en horario de 12:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Ademais ofrécese un servizo de visitas guiadas de luns a venres ás 19:00 horas e sábados, domingos e festivos tamén ás 12:00 horas.
Este servizo tamén se habilita para grupos en diferente horario, ao igual que para os centros escolares, que poden solicitar cita no teléfono 902 906 666.
Precisamente a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, considera que a mostra "é interesante para toda a xente que o considere pero é moi importante para os centros de ensino".
ÿ a décima exposición destas características que a Obra Social Fundación La Caixa trae a Pontevedra nos últimos dez anos, con "preto de 250.000 persoas que puideron visitalas", recalcou o representante da entidade bancaria Antonio Lema.
Pola súa banda o acalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, entende que esta montaxe "axuda a comprender a nosa historia", cualificándoo de "un luxo para Pontevedra".
A mostra divídese en tres bloques: a comunicación nos seres vivos; o fala como vantaxe da evolución; e a linguaxe, máis que un código de signos.
A través deles o visitante poderán simular a voz dun Neandertal, aplicar diferentes dispositivos de comunicación ou coñecer os rituais e aromas empregados por diferentes animais como medios de defensa ou territorialización.