Galicia presume das '51 páxinas das nosas letras' no Sexto Edificio do Museo
A exposición 51 páxinas das nosas letras, organizada polo Parlamento de Galicia para poñer en valor as figuras dos escritores e escritoras galegos homenaxeados durante o medio século de historia do Día das Letras Galegas, xa se pode visitar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Inaugurouse este xoves e estará aberta ata o próximo 27 de novembro.
A exposición, inaugurada inicialmente no Parlamento de Galicia o 2 de decembro de 2013, está integrada por un perfil biográfico de cada un dos homenaxeados desde 1963, cando a Real Academia Galega, por proposta de Francisco Fernández del Riego, instaurou a celebración do Día das Letras Galegas cada 17 de maio.
Inclúe tamén un vídeo divulgativo e cadansúa medalla (un altorrelevo en resina), obra do debuxante e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía. Estas medallas forman parte da colección artística do Parlamento de Galicia.
A mostra, organizada polo Parlamento de Galicia coa colaboración da Real Academia Galega e da Xunta de Galicia, xurdiu con vocación itinerante e xa foi exposta en diferentes vilas e cidades galegas, ademais de na Casa de Galicia en Madrid; na sede do Comité das Rexións, en Bruxelas; e no Centro Galego de Barcelona, desde onde se trasladou a Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra expón por primeira vez a obra do Grupo Eixo
Por Redacción |
-
O Arquivo Provincial reivindica a figura de Celso García de la Riega, o 'pai' da tese do Colón galego
Por Redacción |
-
Filgueira Valverde, o último polígrafo
Por Redacción |
-
Neira Vilas recibe o premio Otero Pedrayo por ser un ''activista literario''
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |