Agasalla teatro este Nadal: saen á venda as entradas para o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción
Trala súa presentación no Culturgal, o ciclo Domingos do Principal sacou este luns as súas entradas á venda. O obxectivo é que sexan moitos os pontevedreses que aproveiten estas festas de Nadal para agasallar teatro aos máis pequenos da casa. Porque ese é o público ao que vai destinado este programa cultural, que pretende achegarlles as artes escénicas e crear un público crítico, fiel e educado no teatro.
As entradas pódense adquirir de xeito anticipado en www.servinova.com e no 902 504 500 en forma de abono para o ciclo completo, que dá dereito a asistir a todas as funcións ben na modalidade matinal ou de tarde a un prezo de 21,00 euros. Tamén se poden conseguir as entradas individuais para cada uno dos espectáculos a un prezo de catro euros.
No caso de quedar entradas dispoñibles, poderanse adquirir dúas horas antes de cada función na billeteira do Teatro.
Nesta ocasión, o ciclo estenderase do 11 de xaneiro ao 1 de marzo, cunha pausa o domingo 15 de febreiro por mor do Entroido. Serán sete os espectáculos diferentes de danza, teatro de actor ou monicreques que se representarán na súa totalidade no Teatro Principal e, como xa ven sendo habitual en dobre sesión, ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.
Do mesmo xeito, realizaranse un total de tres representacións concertadas con centros escolares os luns 26 de xaneiro (Bailando sin zapatos) e 9 (3, 2,1) e 23 de febreiro (As fabas máxicas) cun único pase ás 11:30 horas.