Dolores Redondo fala do seu Batzán aos pontevedreses
Por Oskar Viéitez
Dolores Redondo naceu en Donostia-San Sebastián en 1969. El guardián invisible e Legado en los huesos, as dúas primeiras entregas da súa Trilogía del Baztán, conformáronlle unha lexión de seguidores e o conseguinte entusiasmo de editores de numerosos países e hoxe son xa 32 os selos editoriais que publicarán a obra en todo o mundo.
Este respaldo dos lectores comprobouse este martes coa súa presenza na libraría Cronopios nunha animada charla coa xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero na que se debullaron as orixinais e contundentes propostas da súa literatura da que xa se proxecta a versión cinematográfica da man dos produtores da triloxía Millennium, de Stieg Larsson.
A conversación con Dolores Redondo abordou a magnética personalidade de Amaia Salazar, a protagonista da Trilogía del Baztán, que en principio non era tal senón "una historia muy larga que hubo que repartir en tres libros".
Agora coa presentación de Ofrenda de la tormenta a terceira entrega e a "más emocional" podería parecer que se pecha un ciclo pecha a súa triloxía, pero Dolores admite que "lo que no están acabados son los personajes".
"Cada vez que voy a Baztán surgen nuevas historias. Las contaré en su momento, pero no ahora", afirmou a autora que xa está a traballar noutra novela sobre outro crime "pero no descarto volver después con el personaje de Amaia".
Dolores Redondo xunto ao autor vigués Domingo Villar e Pedro Feijoo estarán este mércores ás 19.00 horas no salón de actos do Instituto Gonzalo Torrente Ballester nun encontro aberto ao público de tres dos máis recoñecidos escritores de novela negra e policial da actualidade.