Lorenzo Silva rescata as súas orixes como escritor nun novo libro que presentou en Pontevedra
Por Redacción
Lorenzo Silva é un dos autores máis brillantes da novela española. Cada libro que escribe, automaticamente convértese en todo un éxito de vendas. O público espera ansioso as súas novelas e, por iso, non é de estrañar que numerosas persoas se achegasen na tarde do martes á Librería Cronopios para asistir á presentación da súa nova obra e participar nun coloquio co autor.
O libro co que chegaba a Pontevedra é Historia de una piltrafa y otros cuentos crueles (Ed. Turpial, 2014). Trátase de tres relatos inéditos que constitúen a ópera prima dun novísimo autor e móstrannolo xa como un excelente narrador, co humor e a radical desenvoltura dos vinte anos.
Con este libro, Lorenzo Silva incorpórase a unha colección que ten como obxectivo publicar autores noveis e, como padriños, editar primeiras obras de escritores xa consagrados.
Pero durante a súa estanza en Pontevedra, o escritor madrileño tamén falou da súa obra máis coñecida. ÿ o autor da famosa serie de novelas de misterio protagonizada pola parella Bevilacqua e Chamorro. Pola segunda entrega desta serie, El alquimista impaciente, foi galardoado co premio Nadal en 2000, e coa sétima entrega, La marca del meridiano, co Premio Planeta en 2012.
Ademais, a súa novela La flaqueza del Bolchevique foi levada ao cine en 2003 por Manuel Martín Cuenca e protagonizada por Luis Tosar e María Valverde.
Relacionadas:
-
Dolores Redondo fala do seu Batzán aos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Pilar Eyre presenta en Pontevedra "Mi color favorito es verte", a súa novela máis apaixoada e íntima
Por Alejandro Espiño |
-
'Iván Aveces', triunfa na súa casa: Cronopios queda pequena ante o éxito da presentación do conto
Por Alejandro Espiño |