'As fabas máxicas' agroman entre os cativos no Teatro Principal
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
Numeroso público asistiu durante este domingo as sesións que a compañía Caramuxo Teatro escenificou do conto infantil 'As fabas máxicas' dentro do ciclo teatral Domingos do Principal.
O espectáculo conta a historia de Xan que vive nun pequeno apartamento dun dos edificios máis altos de Nova York. O personaxe coida as plantas da súa terraza e descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.
Deste xeito, o coñecido conto infantil tradicional é adaptado a unha visión contemporánea que esperta a diversión entre adultos e rapaces combinando teatro de actor e monicreques.
O ciclo de Domingos do Principal rematará o vindeiro domingo 1 de marzo coa representación de Pulgarcito, a cargo da compañía Teatro Paraíso.
Galería de fotos de As Fabas Máxicas en Domingos do Principal
© Diego Torrado