Pontevedra acolle La Suite Vollard de Pablo Picasso
Por Oskar Viéitez
O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle do 13 de marzo ao 12 de abril de 2015, a Suite Vollard, de Picasso. Son unha serie de 100 gravados, realizados entre setembro de 1930 e marzo de 1937 que están considerados como a obra máis importante do gravado contemporáneo.
O Museo Colecciones ICO conta cunha das poucas series completas desta obra e posibilitou que os pontevedreses e todos aqueles que se acheguen ata a capital poidan gozar de xeito gratuíto desta colección.
A Suite Vollard, ademais dos tres retratos de Ambroise Vollard, dividiuse xeralmente por temáticas: o taller do escultor, o minotauro, Rembrandt e a batalla do amor.
A ansiedade, a melancolía, o erotismo e as tensións entre o modelo e a obra que se observan nos 100 gravados da Suite Vollard teñen moito que ver co momento que viviu Picasso durante os anos que estivo dedicado á realización da serie. ÿ a época da súa ruptura matrimonial con Olga Koklova, da súa relación con Marie-Thérèse Walter e da súa conflitiva unión con Dora Maar. Pero é, ademais, o tempo da guerra civil en España, que tanto afectou ao artista.
Haberá visitas guiadas os xoves ás 19.00 horas, sen inscrición previa.
Relacionadas:
-
ÿltimos días para visitar "Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló" por onde pasaron xa case 3.000 persoas
Por Redacción |
-
O pintor pontevedrés José María Barreiro repasa a súa carreira cunha exposición no Sexto Edificio
Por Redacción |
-
O Museo acolle ata o 1 de marzo unha mostra antolóxica do traballo do pintor vigués Álex Vázquez
Por Redacción |