Agasallarte, feito en casa, directo a casa
Por Oskar Viéitez
Un pouco escondido no barrio de Campolongo, no número 4 da rúa Tablada, podemos atopar a Feira de Arte e Artesanía, Agasallarte.
Unha das súas promotoras, Ticiana Ghiglione, explícanos que se trata de "un proxecto pionero en Galicia e no Estado español que ten como finalidade dar a coñecer o traballo de artistas noveles e ao mesmo tempo poñer de manifesto o esforzo de distintos mozos que optan por aportar novas e alternativas formas de expresión".
Agasallarte é un proxecto cooperativo e solidario que intenta fortalecer redes de intercambio comercial. Por iso ten como obxectivo ofrecer ao público produtos económicos e de calidade, alternativo ao consumo navideño de tinte industrial, por medio da venda de pezas únicas, orixinais e creativas deseñadas por verdadeiros artistas e artesanos.
"ÿ unha verdadeira aposta pola arte e pola diversidad expresiva".
A Feira está acompañada pola realización simultánea de diferentes talleres, performances, exposicións, proxeccións de curtos e grupos musicais.
Por iso, Agasallarte non só é a posibilidade de gozar da arte, da artesanía e do deseño, senón unha gran oportunidade para comprar e contribuír co desenvolvemento da cultura.
Ata o 9 de xaneiro
Luns a venres 17 a 21 horas.
Sábados de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas
Aberto o domingo 23