O público do Pazo da Cultura réndese ante o humor mafioso dos 'Gagfather' de Yllana
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
O numeroso público que asistiu durante a noite deste sábado 2 de maio ao Pazo da Cultura somerxeuse nos baixos fondos dunha cidade dominada por "gagsters" e por disparatados policías nunha nova aventura proposta pola compañía teatral madrileña Yllana, mestres do humor xestual.
'The Gagfather' convértese nunha homenaxe ao cine negro ao longo de máis de hora e media de montaxe na que a diversión non encontra freo. Cun ritmo rápido de comedia e transicións brillantes, Yllana traslada a acción por diferentes escenarios que o espectador sitúa de inmediato grazas a todas as referencias cinematográficas e literarias que describen os espazos habituais do crime.
En 'The Gagfather' a compañía rise desas situacións e lugares comúns: o escenario onde aparece un cadáver, o laboratorio onde se elabora cocaína, o calabozo da comisaría o fogar do xefe de policía, a igrexa... todos eles recreados dun xeito sinxelo pero eficaz.
Fidel Fernández, Luis Cao, Juan Fran Dorado e Jony Elías conforman a repartición deste espectáculo que rematou por levantar o público das súas butacas para ofrecer un sonoro aplauso á compañía.
Este espectáculo forma parte do ciclo Summum Teatro que terá continuidade o sábado 30 de maio ás 21.00 horas coa montaxe 'Cancún' de Jordi Galcerán con María Barranco, Vicente Romero, Francesc Albiol e Carmen Gutiérrez.
Relacionadas:
-
Yllana lembra o mellor da súa traxectoria no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Fele Martínez: "Asegúrovos que, en teatro, non víchedes xamais algo como Continuidad de los parques"
Por Alejandro Espiño |
-
"Continuidad de los parques", nova cita este sábado co ciclo Summum Teatro no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga?
Por Diego Torrado |
-
Teatro de altura no Pazo: "Cancún" de María Barranco, este sábado en Pontevedra
Por Redacción |
-
O ciclo Summum Teatro sube o pano con "The Gagfather", unha comedia negra sobre a corrupción
Por Redacción |
-
"En el estanque dorado" reprogramado por mor dun accidente doméstico sufrido polo actor Héctor Alterio
Por Redacción |
-
Yllana, Héctor Alterio, Lola Herrera, María Barranco e Gorka Otxoa actuarán no Pazo da Cultura en maio e xuño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |