Portonovo acolle por primeira vez o Versión15 Music Festival
Por Oskar Viéitez
O complexo deportivo de Baltar en Portonovo, acollerá o 27 de xuño de 2015 ás 20.00 horas, o Versión15 Music Festival, primeiro evento destas características que se celebra neste recinto en 25 anos.
A asociación cultural Adous eventos&cultura organiza este festival de bandas tributo pensado como unha actividade global de fin de semana.
A asistencia ao evento supoñerá diversos descontos en decenas de establecementos de Portonovo e Sanxenxo durante os días 26, 27 e 28 de xuño.
O evento comeza cunha sesión de DJ Barrakas que irá quentando o ambiente ata a aparición sobre o escenario en torno ás 21:30 de The Sharknadoos, grupo local especialista en versións de clásicos dos '60 e '70.
A continuación, sobre as 22:30 farán a súa posta en escena The Early Beatles, banda tarraconense de tributo aos míticos The Beatles.
Pecharán o festival Bon Scott Revival Show, que subirán ao escenario a media noite, e son, segundo palabras de George Marino (enxeñeiro de son de AC/DC) a banda tributo que mellor recolle o son e espírito dos australianos en directo.
O interior do recinto contará con roupeiro e gardacascos, así como con barras con prezos populares, o que sumado aos descontos que se obteñen coa entrada en moitos locais de Portonovo e Sanxenxo durante esa fin de semana fai que o prezo de 10 euros en anticipada e 12 billeteira, sexan rapidamente amortizables.