Así se vivirá agosto no Náutico do Grove: 45 concertos en 29 días
Por Redacción
El Náutico do Grove consolídase ano tras ano como o local de culto da música en directo e este mes de agosto alcanzou cifras nunca antes formuladas, organizou 45 concertos en 29 días. Dende este establecemento da praia da Barrosa de San Vicente do Grove sinalan que "tiraron o escenario pola ventá" e non só en canto á cantidade de actuacións programadas, senón pola calidade da nómina de artistas convocada.
Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Coque Malla ou Xoel López pasarán polo escenario do Náutico, pero a música non só chegará en formato concerto, senón que, como novidade, este ano programa tamén actividades formativas relacionadas coa música, materializadas en 13 obradoiros dun ou dous días e a gastronomía tamén terá peso na programación. Durante tres xornadas, tres cociñeiros con estrela Michelín, Pepe Solla, Yayo Daporta e Javier Olleros, elaborarán as paellas colectivas previas aos concertos convertéronse nos últimos anos nun sinal máis de identidade do local.
O cartel do mes de agosto non se pode imprimir nun folio A3 pola cantidade de actividades programadas, senón que unha vez colocado no local case alcanza dende o chan ao teito. Xa empezou o día 1 de agosto coa actuación de Juan Zelada, un dos expoñentes da música negra española, e continuará este luns 3 e o martes 4 con Iván Ferreiro, un habitual do Náutico.
Este venres 7 de agosto o protagonista será o falecido Antonio Vega, que tivo no local da Barrosa un dos seus refuxios. El Náutico organiza un tributo ao artista no que os músicos que entón o acompañaban no seu grupo, encabezados polo que foi durante anos a súa man dereita, Luismi Baladrón, se reúnen para renderlle homenaxe.
O coñecido harmonicista Antonio Serrano, que tocou con artistas como Wynton Marsalis, Paquito de Rivera, Paco de Lucía, Andrés Calamaro ou Joaquín Sabina, actuará o 11 de agosto con The Swamp Donkeys & Ashlin Parker e o día 13 nun tributo a Stevie Wonder que renderán Wonderland.
Os días 19 e 20 a música chegará da man do cantautor Andrés Suárez, un día en acústico e outro con toda a banda, e o día 25 será a quenda da cantora María Rozalén e o guitarrita Paco Cifuentes. Coque Malla pola tarde e Xoel López pola noite serán os protagonistas do día 26, aos que relevará o día 28 Hendrick Rover, que estará acompañado de de Los Míticos Gt's para encabezar o criadeiro dunha "Noite Americana", que tamén contará coa presenza de The Soul Jacket e Shoubinhas Experience.
Eladio y los Seres Queridos; Riff Raff (que este ano celebran o seu 25 aniversario); o grupo de percusión Odaiko; os espectáculos musicais infantís de Pablo Díaz e A nena e o grilo nun barquiño; ou os artistas emerxentes Anaheim, Antonio Lizana, Los Árbles, Hot Chocolates ou Sumrrá completarán a programación.
Ademais, os días 14 e 15 El Náutico acollerá a primeira edición do Encontro Nordés de Músicos de Swing & Jazz, ao que acudirán algúns dos máis destacados músicos do xénero da península, entre os que están Bob Sands Big Band. E non faltarán os días do Laboratorio N, catro xornadas entre o 5 e o 9 de agosto nos que o responsable, Miguel de la Cierva, reúne unha vintena de músicos que viven e conviven nunha sorte de jam perpetua.
Relacionadas:
-
Xoel López, Eladio y los seres queridos e Pepe Solla, trío de ases en El Náutico do Grove
Por Redacción |
-
Andrés Suárez renova o seu idilio con El Náutico
Por Redacción |
-
Corenta músicos de jazz e swing reúnense nun excepcional encontro en El Náutico do Grove
Por Redacción |
-
O Náutico do Grove despide o verán con Coque Malla, Sés, Full ou Novedades Carminha
Por Alejandro Espiño |
-
Marlango, aperitivo dun agosto con Sidonie, Delafé, Albert Pla ou Ariel Rot no Náutico do Grove
Por Alejandro Espiño |
-
La Habitación Roja, encabeza un festival que fusionará música e catas de viño no Náutico do Grove
Por Alejandro Espiño |