O Festival Núbebes comeza este venres 18 con teatro, contos, música, danza e obradoiros para os bebés
Por Redacción
O Festival Núbebes, dedicado aos bebés, comeza este venres, 18 de setembro, e estenderase ao longo desta fin de semana e da próxima con varias novidades.
As entradas poderanse adquirir antes dos espectáculos, dende ás 16.00 horas, no despacho de billetes para que todos os que queiran asistir ás actividades teñan a oportunidade de comprar as entradas. Ademais tamén se retoman para esta terceira edición os obradoiros para profesionais. A inscrición aos catro obradoiros realizaranse en liña, no correo inscricion@baobabteatro.com e as prazas cubriranse por orde de chegada.
Núbebes contará con teatro, contos, música e danza que se sumarán aos obradoiros. A programación pode consultarse na súa páxina de Facebook.
O venres 18 iniciarase o Festival coa Inauguración con Roque a partir das 18.30 horas no Teatro Principal. Neste espectáculo intervirán a actriz Beatriz Campos, A Frauta Máxica e Marcelo Dobode. A entrada será libre.
O sábado 19 en catro funciones, dous matinais e dúas vespertinas, levarán a cabo sesións de contacuentos e música a cargo de Migallas Teatro en 'Un berce cheo de contos' na Casa das Campás. Tamén en dobre sesión matinal e de tarde a Casa Azul acolle os obradoiros de percusión para menores de 0 a 6 anos.
O Teatro Principal tamén acollerá un espectáculo titulado 'Chove!' de Titereficciós, cun prezo de tres euros en sesións de 12.00, 13.00, 17.15 e 19.00 horas