O director alemán Christian Petzold, protagonista en novembro do Cineclube Pontevedra
Por Redacción
Comeza un novo ciclo do Cineclube Pontevedra. Durante todo o mes de novembro, as proxeccións estarán dedicadas ao director alemán Christian Petzold, unha das figuras fundamentais da Escola de Berlín.
As catro proxeccións previstas terán lugar todos os martes de novembro, ás sete da tarde, no auditorio da Biblioteca de Pontevedra.
O ciclo, denominado Alemaña no outono: Christian Petzold, comezará o martes 3 coa emisión de Barbara, película gañadora do Oso de Prata no festival de cine de Berlín no ano 2012.
Durante as seguintes semanas, as películas seleccionadas serán Die innere Scherheit (martes 10), Jerichow (martes 17) e Gespenster (martes 24).
Todas elas serán proxectadas en versión orixinal e subtituladas en español. A entrada é gratuíta.
As películas, que foron elixidas polo Cineclube Pontevedra, foron cedidas polo Goethe-Institut Madrid.