'Montes, unha viaxe ó interior', de Miguel Karballo na Galería Sargadelos
Por Redacción
Miguel Karballo é un pintor da parroquia de Buciños de Lugo que, a partir deste mércores 4 ás 20.00 horas, mostrará os seus traballos na Galería Sargadelos de Pontevedra.
Este artista relacionouse co grupo Brais Pinto, integrado entre outros, por Xosé Luís Méndez Ferrín, Fernández Ferreiro, Cribeiro e Ben Cho Sey. A súa formación é principalmente autodidacta e a súa obra caracterízase pola figuración onírica, surrealista.
Durante os últimos anos cultiva tamén a literatura e ten editados tres ensaios e a novela autobiográfica "A rota dos gansos". Expuxo as súas obras nalgunhas das principais galerías e cidades de Galicia, en Madrid e Atenas.
Esta mostra organízaa a Fundación Cuña-Casasbellas e poderá visitarse ata o 30 de novembro.