Migallas Teatro precisa figurantes para gravar un videoclip
Por Redacción
O próximo domingo, 8 de novembro, Migallas Teatro vai gravar en Pontevedra un videoclip sobre un tema do seu próximo disco chamado "Zaragallada".
Para isto, precisan a colaboración de mozos e adultos para participar como público que está asistindo a un concerto.
A canción é O que hai que facer.
A gravación terá lugar ás 12.00 horas na Praza da Ferrería de Pontevedra.