Yolanda Castaño presentará a gala da entrega do Premio de Novela Curta Lueiro Rey no Grove
Por Redacción
O Concello do Grove levará a cabo este venres 6 ás 20.00 horas unha gala de homenaxe á figura de Manuel Lueiro Rei no que se fará entrega do XXII Premio de Novela Curta que leva o seu nome. O premiado nesta edición é o ribeirense Antonio Piñeiro Fernández pola súa obra 'O Noiro'. O evento será presentada pola poetisa Yolanda Castaño na carpa institucional e contará coa presenza da familia de Lueiro Rei e de representantes do mundo da literatura en Galicia.
O acto contará coas actuacións do dúo de corda formado por Clara Piñeiro e Abel Afonso e do cantautor Narf, ademais de recoller a lectura de poemas a cargo de estudantes dos IES Monte da Vila e Bizocas.
O premio deste certame está dotado con 3.000 euros e chega este ano ao seu vixésimo segunda edición. Na edición de 2015 concorreron un total de quince obras avaliadas por un xurado presidido por Manuel Quintáns.
En 2016 espérase un gran acto con motivo da celebración do centenario do nacemento do escritor.