A exitosa xira de Neuman recala en Pontevedra cun novo concerto na Sala Karma
Por Redacción
Neuman converteuse, nos últimos dous anos, nun dos grupos de culto máis importantes da música independente española. E despois de actuar durante todo o verán nos principais festivais de todo o país, a súa xira recala en Pontevedra. A banda murciana actuará este venres 6 de novembro, a partir das dez da noite, na Sala Karma.
Despois de autoeditar os seus primeiros traballos discográficos, Plastic Heaven (2010) e The Family Plot (2011), o norteamericano Ken Stringfellow (REM, The Posies), fascinado polo talento compositivo e a voz e a maneira de tocar a guitarra de Paco Román, propón a Neuman colaborar con eles e así nace o EP By Fear / Hi Love, co que iniciaron a súa relación coa discográfica Subterfuge Records.
O seu último disco, If (2014), está considerado pola prensa especializada como un dos mellores do ano. É o traballo máis arriscado ata a data, pois é o seu disco máis pasional e á mesma vez o que máis rabia desata, abarca con máis forza e sentido que nunca todos os extremos musicais nos que se moveu Neuman.
Na gravación, a banda empregou unha vintena de guitarras distintas nas cancións, multitude de sintetizadores, baterías dos anos 50, 60 e 70 e usaron a mesma mesa de mesturas onde se gravaron dúas dos mellores discos de Supertramp ou pistas dalgún disco de Queen, un traballo que quedou reflectido de forma maxistral neste disco.
Nestes primeiros meses de 2015, Neuman deu o salto á primeira liña musical logrando encher por vez primeira salas de gran aforamento en todo o país e estando presente nos principais festivais de verán, entre eles o Portamérica.
Espérase que en 2016 publiquen un novo disco.
As entradas para este concerto, que chega a Pontevedra dentro do ciclo SON Estrela Galicia, teñen un prezo de 15 euros e pódense adquirir a través de Ticketea.
Relacionadas:
-
L.A., na Sala Karma: a xira de "From The City To The Ocean Side" recala o venres en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Mujeres chega a Sala Karma dentro do ciclo SON Estrella Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Neuman, LA, Guadalupe Plata, Helena Goch ou os pontevedreses Skirl e Qué desilusión!, en outono na Sala Karma
Por Alejandro Espiño |