A escritora Tamara Andrés publica o poemario 'Nenæspiraes'
Por Redacción
A escritora Tamara Andrés publica a súa segunda obra, que leva por título Nenæspiraes, un poemario que resultou gañador do premio de poesía O Facho 2015. Trátase dun libro no que se recollen composicións que reflicten a súa concepción do mundo e as súas entrañas. A súa elaboración supuxo un xogo e un descubrimento do seu propio carácter.
Tamara Andrés é unha veciña de Poio que se graduó en Tradución e Interpretación realizando os seus estudos na Universidade de Vigo, ademais cursou un máster en Estudos da Literatura e da Cultura na Universidade de Santiago de Compostela.
Neste mesmo ano tamén viu a luz a súa novela Amentalista, a través da editorial Diversidade Literaria. Dentro do libro Premios 2014 de relato poesía e tradución dá Universidade de Vigo publicou Poemario Xogos surrealistas.
Esta artista traballa tamén nun proxecto fotográfico e de creación literaria denominado La metafísica del circo e na bitácora colectiva de reflexións Creatrad sobre tradución, linguas e culturas.