Chega 'Carapuchiña Vermella', un musical para toda a familia antes do Nadal
Por Redacción
O auditorio da Sede Afundación de Pontevedra acolle o domingo 20 de decembro en dobre función, ás 12.00 e ás 17.00 horas, o espectáculo musical 'Carapuchiña vermella', unha obra interpretada por EducaTeatro Producións.
Este show vai destinado a toda a familia e as súas escenas combinan teatro, baile, cancións e diversión para nenos e maiores. Trátase dunha divertida e orixinal versión da tradicional historia da nena que vai visitar á súa avoa e, polo camiño, atópase co lobo.
Sete cancións orixinais, compostas por Xurxo Fernández, serán interpretadas en directo polos protagonistas da obra.
As entradas anticipadas xa se atopan á venda a través de Ataquilla e no teléfono 902.504.500.