Diversión para os máis pequenos en Afundación con "A Carapuchiña Vermella"
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
Teatro, baile, cancións e sobre todo moita diversión para os máis pequenos da casa.
Así é a montaxe en clave musical de A Carapuchiña Vermella que a compañía EducaTeatro Producións representou en Pontevedra.
O auditorio de Afundación acolleu este domingo unha dobre función para goce dos pequenos que poboaban as butacas do recinto.
A través de sete cancións orixinais, compostas por Xurxo Fernández, revisouse o clásico conto infantil contándoo de maneira diferente.
A obra musical está pensada para toda a familia, segundo explicou previamente a compañía teatral.
Representación de A Carapuchiña Vermella en Afundación
O auditorio de Afundación acolleu unha dobre representación do clásico infantil en clave musical
© Diego Torrado