'Xiqui Xoque Fiu Fiu!', un musical a bordo da locomotora María Fumaça
Por Redacción
O musical 'Xiqui Xoque Fiu Fiu' chega este domingo 27, a partir das 18.00 horas ao Auditorio de Vilagarcía de Arousa, cunha temática que aborda a cuestión da discapacidade na infancia con ledicia e humor a través dunha posta en escena a modo de viaxe na locomotora María Fumaça e da voz de Uxía Xenlle. A cantante galega é a promotora desta idea á que se teñen sumado moitos artistas da comunidade.
María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Artistas como Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Magín Blanco, Familia Domínguez Senlle, entre outros, viaxan nun espectáculo que deu lugar a un libro-disco, con CD e DVD, no tren máis festivo que teña percorrido Galicia.
O espectáculo estivo xa nas principais cidades galegas para repartir alegría e solidariedade con todas as persoas que se apunta a esta viaxe, espacialmente dedicada a aquelas familias nas que se atope algún neno que padeza algún tipo de discapacidade.
As entradas poden adquirirse de maneira anticipada a través de www.Ataquilla.com e o día da función a partir das 16.00 horas no Auditorio.