Pinocchio alegra a xornada dos máis pequenos en Domingos do Principal
Por Diego Torrado
Pequenos, e non tan pequenos, gozaron dabondo da terceira xornada do ciclo Domingos do Principal.
En dobre sesión, a afamada compañía La Baldufa representou no Teatro Principal 'Pinocchio, figlio di Gepetto', unha versión do texto orixinal de Carlo Collodi que foi merecedora en 2015 do Premio Fetén ao mellor espectáculo e mellor dirección.
A historia trataba dun neno libre, Pinocchio, sen prexuízos nin complexos pero traste que desobedece a Gepetto e pasa por diferentes aventuras que lle fan madurar.
Tras un parón dunha semana a causa do entroido, Domingos do Principal volverá o día 14 de febreiro con 'Burbullas de papel', un espectáculo interactivo e de participación, con danza, música en directo e interacción multimedia recomendado para nenos maiores de tres anos.
Relacionadas:
-
'Luppo', de Baobab Teatro, clausura unha exitosa edición de Domingos do Principal
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A imaxinación faise dona de Domingos do Principal da man de "Faboo"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Clown para os máis cativos nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Piratas, patas de pau, tesouros e moita aventura no Teatro Principal
Por Diego Torrado |
-
Os escolares volven papar teatro os domingos no Principal con 'A comer!'
Por Diego Torrado |