Convocan unha nova edición do FEST, o concurso do Local de Música
Por Redacción
O 19 de marzo é a data escollida para a celebración dunha nova edición del FEST, o concurso do Local de Música para promover a escena musical emerxente.
Este certame busca poñer en valor a creación musical de base, organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal.
Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo farán unha actuación breve duns quince minutos para mostrar o seu espectáculo.
Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual. O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade. O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.
Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos que non teñan, no momento da inscrición, ningunha publicación cun selo discográfico.
A inscrición é totalmente gratuíta e farase unicamente desde un formulario online que se pode cubrir no web do Local de Música.
Poderanse presentar as solicitudes ata o 29 de febreiro.