A Orquestra Filharmónica viaxa a Rusia
Por Mónica Patxot
O público asistente na tarde-noite do mércores ao Teatro Principal viaxou a Rusia da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.
A 'Noite Rusa' protagonizou a segunda cita do ciclo 'Son de Orquestra', na que a agrupación pontevedresa actuou baixo a dirección de Diego Martín Etxebarria.
Os compositores rusos foron os protagonistas do repertorio, con pezas como 'Unha noite no Monte Pelado' de Mussorgsky, 'O príncipe Igor' de Borodin ou a Sinfonía Nº.5 de Tchaikovsky.
'Son de Orquestra' volverá ao Teatro Principal o día 20 de abril con 'Xérmolos da tradición Xermánica', con David Fiuza como director invitado e a actuación da mezzosoprano Nuria Lorenzo.
Relacionadas:
-
O ciclo 'Son de Orquestra' recolle a mellor tradición da música xermánica
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Filharmónica traslada ao público a Alemaña nun novo 'Sons de Orquestra'
Por Redacción |
-
Chega a "Noite Rusa" ao Principal
Por Redacción |
-
Orquestra por sorpresa na Praza de Ourense
Por Redacción |
-
'Son de Orquestra', ciclo musical como agasallo por San Valentín
Por José Alberto Graña Pérez |