A banda Dead Bronco cancela a súa xira galega
Por Redacción
A banda Dead Bronco tivo que cancelar os tres concertos previstos nas próximas semanas na Sala Karma de Pontevedra, na Coruña e Ferrol dentro da xira SON Estrela Galicia. A causa desta suspensión atópase en motivos familiares, segundo un comunicado emitido polos organizadores.
Os concertos, explican desde a organización, volverán programarse despois do verán e o importe das entradas que xa fosen adquiridas serán devoltos pola mesma vía que foron compradas.
Esta agrupación conta cun importante recoñecemento internacional e os seus dous discos ata a data, In Hell e Penitent Man, unha mestura de country, rockabilly e punk, recibiron o respaldo unánime de crítica e público.